CAST / GAL

A ledicia do ronsel
Segrel das Mámoas, 27, Santiago de Compostela

Finalista

Dixeches adeus no solpor. Naquel horizonte que outrora semellara inatinxíbel dende as luces do faro Vilán. Eu mergulleime no ronsel que deixamos e laioume a saudade de todos aqueles silencios, sabendo que os teus ollos nunca mentiran. Que o mar é un cemiterio de vontades e o tempo unha brétema para esquecer. E mesmo así, cando viraches de costas fiquei sorrindo. Porque non fora o vento o que nos levara alí: foramos sempre nós. Véndote marchar fun ledo porque todas esas bágoas eramos tamén nós.
Compartir: