CAST / GAL

Catro anos en caixas
Tambre, 17, Touro

A louza, as plantas que me agasallara mamá e aquela lembranza enmarcada. Os libros deste último curso, quitar os imáns da neveira e facer a derradeira maleta para lavar a roupa.

O último ano aquí. O primeiro que alguén distinta a min vivirá neste cuarto despois de catro anos. O baleiro de pechar a vida en Santiago.

Papá meteu todas as caixas no coche. A vida gardada en tan pouco para comezar a florecer na vida adulta.
Compartir: