CAST / GAL

Un día
Adela T. Maroño, 60, Santiago de Compostela

Espreguízome co canto do merlo. Ulo a mín e a primavera, herba e ceo azul. A María sorríenlle os ollos mentras alguén acararícialle a meixela. Míroa coa paniculata na cesta. Eu tamén son feliz.
Son as 5, na tenda a calor apreta e María rocíame, quéreme fresca e radiante mais eu adoezo, fáltame vida e terra pechada nestas catro paredes.
Demasiado silenzo, nen os merlos detéñense a cantarlle aos mortos. Todos admíranme mais levan a tristura fendida nos ollos. Ule a frío e amargura na sala 3 do tanatorio. Percórreme o medo. Que destino pode agardarlle a unha simple rosa?
Compartir: