Faro
Noelia, 32, Arteixo
Falaban dun final, dun sitio que paga a pena. Eu fun ver, por se era certo, que unha sempre ten curiosidade. Pero o camiño, mira ti, era longo e tramposo, e xa non sei se vou ou se volvo. E cando estaba a piques de chegar, din a volta. Porque, mentres camiñaba, dinme conta do moito que me gusta camiñar, e quizáis non quero que remate. Por se acaso.