Tres meses
Sparkle, 20, A CORUÑA
Ese foi o tempo que me deron, só tres míseros meses... o certo é que non foi nada doado aproveitalo.
A primeira semana malgasteina pensando qué podería facer.
Finalmente, despois de pensar en moitas lilainas, decidín que pasaría os meses cos amigos e coa familia, sempre cun sorriso.
E así pasou mes tras mes; coa ledicia dos meus amigos por quedar e co xúbilo dos meus pais por pasear.
Cando chegou setembro, o medo instalouse no meu corpo; un día de alivio, cinco de incerteza, e o ultimo, o once de setembro... collín a mochila e marchei cara a universidade.