CAST / GAL

Se o sei non viña
Manuel Ferreiro, 63, Vilalba, Lugo.

Marchei da verbena aínda ben tarde e ao pasar preto da igrexa ollei pasar, a carón do camposanto, unhas persoas que vestían de branco e portaban fachos. Moito celebran algúns o entroido.
Ao chegar á casa deiteime vestido pois non me tiña de pé, o viño non é auga.
Nunca cavilara que o destino me podía ter destinado o mellor tanatorio para velarme.
En canto marchen todos estes pailáns ergo e voume. Aquí non hai quen pare co frío, é ben sabido que eu nacín no mes de xaneiro como un pito cairo.
Compartir: