CAST / GAL

Cambio de aires
Xoaniña Silvestre, 47, San Sadurniño - A Coruña

Deixara a carta de renuncia enriba da mesa ben cedo e cumprira cos derradeiros formalismos antes de emprender a viaxe: asinar a venda do seu modernísimo loft e do seu deportivo.

Decidira cambiar de aires e apostara polo campo!
Mercara unha vella granxa e un anticuado todoterreo, máis útil para percorrer as escarpadas estradas de montaña.

A beleza dos cumios, das fragas e dos seus enigmáticos sons obnubilárono. Producíronlle un éxtase descoñecido.

Pero foi o cambio de aires o que paradóxicamente acabou con el. Toda aquela pureza resultou excesiva para uns pulmóns acostumados ao veleno.
Compartir: