Pequeno infinito
Aro, 56, A Coruña
Como pasa o tempo. Naquel intre eu non tiña cambio e o estanqueiro tampouco. Ti estabas detrás, na cola, e, sen coñecerme, pagáchesme o selo. Convideite a un café, que menos. Desde entón: toda unha vida xuntos, tres fillos, sete netos e —aínda que non os coñezamos— bisnetos, tataranetos… sempre medrando, coma unha árbore infinda. O que son as cousas. Ás veces penso que o destino do mundo xorde dos pequenos detalles, coma naquel intre en que non tiña cambio.