As Formigas nun Mundo de Elefantes
Xacobe das Viñas, 14, Vilagarcía de Arousa
Son unha formiga que vive nun mundo dominado por elefantes. Eles enfróntanse por ver quen ten a trompa máis grande, e nós sufrimos as consecuencias sen participar. Aínda que pequenas, tamén temos conflitos internos, e ás veces unha formiga decide atacar a outra crendo que así será un elefante. Hai elefantes que nos din que ser forte é evitar loitar. Pero nunca chegamos a ser elefantes, e as escasas veces que chegamos, esquecemos quenes fomos. Así, convertémonos nun elefante máis que somete ás formigas polos séculos dos séculos.