Singradura Final
Manuel, 57, A Coruña
Fatidio Funesto partiu ao alborecer,
mar de outono esfarrapado, branco e cincento.
Singrou á procura do berce do vento e da chuvia,
do crisol onde se forxan as tempestades.
Leme aproado ás tormentas,
lóstregos, seu faro,
ondas ouveantes, porto seguro...
Deu por si nunha mortalla de lodo,
cadernas desmastradas,
caixón!
Velorio de argazos,
augamares en transo,
non se mexe un anemone.
Apenas entroidos de cardumes
esguellando os agochos famentos
da veciñanza sinistra.
Barriada de enxarcias, gabias e lemes,
abate de naos e xangadas,
acougo de navegantes malfadados.
mar de outono esfarrapado, branco e cincento.
Singrou á procura do berce do vento e da chuvia,
do crisol onde se forxan as tempestades.
Leme aproado ás tormentas,
lóstregos, seu faro,
ondas ouveantes, porto seguro...
Deu por si nunha mortalla de lodo,
cadernas desmastradas,
caixón!
Velorio de argazos,
augamares en transo,
non se mexe un anemone.
Apenas entroidos de cardumes
esguellando os agochos famentos
da veciñanza sinistra.
Barriada de enxarcias, gabias e lemes,
abate de naos e xangadas,
acougo de navegantes malfadados.