CAST / GAL

Puta Cana
Raquel, 44, Moaña

—Que fas?
—Pensei que era unha cana.
Imposible, pensei. Eu non teño canas.
Volvín para a casa molesta, máis polo atrevemento ca polo pelo. Diante do espello busquei o oco que deixara. E vina: unha liña de prata nacendo na fronte. Puta Cana.
Teño corenta anos. Sempre me dixeron que era nova, que tiña a vida por diante. Se vivo oitenta anos xa percorrín máis da metade do camiño. Volvín mirarme e pensei: non son máis ca isto. E é suficiente. Son o tempo que me queda. Son o cambio e que quero facer con él. Despois collín tinte caoba.
Compartir: