CAST / GAL

Raíces que arden
Nerea, 24, Santiago de Compostela

Vivín nun pobo pequeno, onde as meigas e as bruxas estaban destinadas ás fogueiras. De pequena escoitaba todas e cada unha das historias que contaba miña avoa. Dicía que nós eramos descendentes da peor bruxa que existira. Nunca a cheguei a crer… ata que o destino quixo poñerme a proba.
Unha noite de inverno, desas nas cales non sentes os dedos dos pés, escoitei aquela voz tan familiar que, ata entón, non lembrara: “Agora é o teu momento, pequena”
Así foi como comprendín que o noso destino non era ser queimadas, senón seguir contanto as mellores partes daquelas historias.
Compartir: