CAST / GAL

Por que, ti?
Tique, 54, Santiago de Compostela

Que hai de destino no amor? Por que de milleiros de ollos, só mirei os teus? Por que, antes de falar contigo, xa sabía algo? É unha lei máis do universo? Coñecémonos nalgunha vida anterior? Por que te teño no pensamento? Por que te desexo? A ti, entre as infinitas estrelas da noite, só a ti! Que gravidade me atrae sen remedio? Quixera coñecer ese misterio. Saber, que nos xuntou? Que Deus ou deuses nos unxiron? Non creo nas casualidades. Alguén ten que sabelo. Pero, quen? A quen lle podo preguntar? Ás rosas, ao mar, ao vento, a ti?
Compartir: