CAST / GAL

A escolla do destino
Wendy, 50, As Pontes(A Coruña)

O destino ronronou cando ela abriu a porta. Un aloimiño peludo e de cor branca enroscouse nas súas pernas. Era o luscofusco da vida real, un encontro non buscado pero que iluminou o seu día.

Ela, que sempre se sentira soa, descubriu que o destino non é máis ca un par de ollos verdes e un ronroneo que enche o baleiro. A súa alma atopou o seu fogar, un fogar feito de cariño e amor gatuno. O destino ten moitas formas, pero poucas tan puras coma un gato que elixe ao seu humano.
Compartir: