CAST / GAL

A intelixencia artificial
Noa, 22, A Coruña

O escritor espertou de madrugada e acendeu o ordenador. Na pantalla, un documento novo brillaba coa súa sinatura ao final. Era unha novela enteira, perfecta, coma se a tivese escrito el, pero non lembraba unha soa palabra.
Na mañá seguinte, enviouna á editorial. Triunfou: premios, críticas brillantes, entrevistas.
Cada noite, ao volver a casa, abría outro documento, tamén asinado, tamén escrito con palabras que non eran súas.
O éxito medraba a medida que a súa voz se apagaba.
Entón entendeu que xa non era o autor, senón un personaxe máis dentro dunha historia que alguén seguía escribindo co seu nome.
Compartir: