CAST / GAL

Dende aquel día
Jacobo Vieites, 31, Arzúa

Cruzáronse na rúa unha tarde de outono. Facía anos que non se vían, máis aínda dende aquel día chuvioso no que se coñeceran.
Ela traballaba nunha xestoría, casara, vivía coa súa parella nunha casa con xardín, tiñan dous cans, e aínda non pensaran en ter fillos. El vivía só, comprara o piso no que antes estaba de aluguer e contratárano nun bufete de avogados.
Despedíronse con dous bicos. El viuna marchar. Pensou en todo o que cambiara neses anos. Todo, menos o amor que aínda sentía por ela.
Compartir: