Cambio silandeiro
Ángela, 56, Ames (A Coruña)
Os trazos da infancia deixaron de existir e deron paso a un rostro máis firme e menos anenado. O espello, antes cómplice das súas trasnadas, agora devolvía unha mirada máis profunda cargada de metas por cumprir.
Xa non se trataba dunha nena, agora tiña que descubrir a muller que había baixo as costuras xa esgazadas da inocencia. As súas mans eran firmes e capaces de soster o seu propio destino. Deixou atrás os contos e os xogos parvularios e, con decisión, comezou a escribir a súa propia historia de adulta.