CAST / GAL

Segundas oportunidades
Jacobo Vieites, 31, Arzúa

Cando me encomendaron conceder a oportunidade dun último cambio, pensei que sería máis doado. Por exemplo, Van Gogh daría o derradeiro día por pintar outra noite estrelada. Rosalía, por escribir uns últimos versos. Hemingway, porén, prefería esquecer a literatura e saír de copas ata o amencer.
Había milleiros de solicitudes e só podía escoller unha.
Entón, entre os expedientes, atopei unha folla engurrada.
«Cambiaríao todo por poder despedirme del.»
Cando pechei a carpeta, souben que a decisión estaba tomada.
Ao fin e ao cabo, non sei se as estrelas e as poesías cambian vidas. Pero un último adeus, si.
Compartir: