Permanece
Agremon, 69, Ribadeo
Fun e descubrina: a rocha sobresaía sobre a liña do horizonte. Gustoume. Volvín. Sempre seguía alí. Durante anos, gocei do lugar mentres a contemplaba. Nada cambiaba en aparencia. Se un día me parecía ollar unha mancha, ao seguinte fixábame no recorte diferente que facía das árbores do fondo, pero xa non distinguía mancha algunha.
E pasou o tempo. Un día, non puiden volver. Entón, decateime. Cambiara eu. Ela permanece.
E pasou o tempo. Un día, non puiden volver. Entón, decateime. Cambiara eu. Ela permanece.