CAST / GAL

Vivir sen fin.
Paco, 51, O Porriño

Hai moito tempo, nun lugar afastado, entre carballos, castiñeiros e árbores froiteiras agardaba desvelar o que o futuro me depararía.
Daquela non o puiden entender, pero hoxe pasados os anos e acumuladas as experiencias vitais que soamente o paso do tempo che pode dar, decateime de que o destino é inexorable e as túas vivencias poden condicionar o teu ciclo vital, pero sempre haberá un recuncho polo que se inmiscuirá para deixar a súa pegada e que as túas decisións non sexan as únicas que marcaran o teu camiño.
Hai que vivir sen fin, porque a fin xa ven soa.
Compartir: