Saraiba.
Patricia, 47, Pontevedra
O luar, Martiño asoumouse a fiestra, chovía e ventaba, e seus ollos enchíanse de bágoas que lle esbaraban polas meixelas, na man esmagaba irado unha carta, sen deixar de rosmar o coitado e parvo que fora, o permitirse soñar con aquel traballo, no seu lugar colleron o prea de Ramón, coa sua chafallada de exposición, un barallocas e mamalón pero a quen se lle daba ben ser un lambecús. Ese posto de taballo era canto Martiño necesitaba para voltar a Galiza xunto Iria. Fora, sarabia, e canto mais forte batía contra a fiestra, mais forte choraba Martiño.