Ecos ó final do día
Fabián, 42, A Coruña
Coas derradeiras luces do solpor, unha gota escorregaba paseniñamente polo cristal igual ca fuxía un suspiro entre os beizos dela. A fortuna dispuxo que se coñeceran para máis tarde amárense con paixón, incondicionalmente. Colocou nas súas mans a oportunidade de comezar unha nova vida xuntos, moi lonxe do fogar.
A nave, coa tecnoloxía máis vangardista coñecida, era só un frío trozo de metal estéril, varado por mor dunha tormenta solar, nun mundo afastado de calquera ruta espacial. Estaban sós.
Mentres ollaba para ela e o día ía morrendo, só alcanzou a preguntarse, ¿qué máis nos deparará o destino?