CAST / GAL

Dar o paso
Jacobo Vieites, 31, Arzúa

Sempre fun unha persoa de rutinas. Poida que sexa o motivo polo que me afixera tan ben á soidade, como se fose unha parte máis dos meus costumes diarios. Igual que tomar o café sempre na mesma mesa do bar, ir comprar o pan á mesma hora ou facer a compra no Gadis da esquina cada martes. Mais, desde que mirei aos ollos da nova caixeira, agora vou ao supermercado cada día. Por iso, cando onte aceptou a miña invitación para cear xuntos, comprendín que, quizais, xa era hora de cambiar de rutinas e deixar a soidade a un lado.
Compartir: