CAST / GAL

Gaivotas a terra.
M.A., 19, A Coruña

A desvinculación do home coa mar callou progresivamente cal barco afundindo na costa, non cre? Ese cambio, ese desapego cada vez maior, deu en afastarnos do que foi noso… e que voltará selo. O home tirará sempre para a mar, abofé. Ben o sei: perdín ó meu amor aló nunha treboada —testemuñas foron os cantís— , mais tirarei sempre para a mar. Porque cando as gaivotas van a terra, nós voltaremos sempre para a costa.
Compartir: