CAST / GAL

As Chaves
Yolanda Alcas, 34, Boveda, 27350

Miña nai gardaba nunha caixa as chaves de todas as casas nas que viviramos. Dicía que cada unha abría unha porta distinta da nosa historia.
Cando morreu, atopei a caixa no fondo dun armario. Había chaves grandes, pequenas, enferruxadas, brillantes. Todas, menos unha, pertencían xa a peches desaparecidos.
Probei a última na porta do meu antigo cuarto, a fechadura xirou.
Dentro non estaba o cuarto da miña infancia, estaba eu.
A nena que fun ergueu a vista dun caderno e sorriu.
—Tardaches —dixo.
Entón entendín que medrar non consiste en deixar atrás quen fuches, senón en atoparte sempre de novo.
Compartir: