CAST / GAL

O que non contou Bram Stoker
Wiki, 17, Oleiros, A Coruña

Nos contos populares sempre se simplifica todo. Todos os nenos queren ser un vampiro en Samaín, conseguir os seus poderes, como transformarse en morcego. Se só soubesen a realidade.

Nas películas é moi doado facer «puf» e volver un vampiro en morcego coa maxia da tecnoloxía.

A transformación real comeza cun arrepío profundo: os ósos retórcense, a pel estírase e as mans encóllense mentres os dedos se funden coas ás. Os dentes medran dolorosamente, a columna dobra e un berro afogado convértese nun chillido agudo.

Que como o sei eu? Anos de práctica.
Compartir: