Narciso e Eco
Sabela, 17, Pontevedra
Pronto se fixera viral. Canto dixese, sempre había alguén nos comentarios condenado a repetilo. Así ata que a meirande parte deles se convertiran nas súas mesmas palabras. A celebridade, cegada polo propio rostro na pantalla, desprezou aos seus seguidores, non importou se por crueldade ou por vanidade. Entre o eco dixital alguén augurara a súa próxima caída en desgraza, moitos outros pregaran polo seu ocaso. Finalmente, a egolatría tornou a fama en morte social. Disque, tras a súa marcha, no seu lugar atopaban unha flor de centro amarelo e pétalos albos.