CAST / GAL

Paseniño
Silvia, 27, Mesía

Os cambios non sempre avisan, coma esa dor de xeonllos que avisa á avoa de que cambiará o tempo.

As veces simplemente ocorren. Paseniño. Coma esa praga que comezou a comer a túa pranta favorita e que non descubriches ata que xa era tarde.

E de súpeto atópaste chamando ao 061 convencido de estar a sufrir un infarto. Diagnóstico=ansiedade.

É entón cando te lembras do avó, sentado no banco. Parecía que non estaba a facer nada, agora sabes que si. Observada. A él non se lle pasaba unha praga. Pregúntome se tamén era así cos cambios que ocorren por dentro.
Compartir: