CAST / GAL

O dolo
Elena, 52, Lugo

Eu cambio, ti cambias, todo cambia. Nesta oficina onde o escenario é invariable, o sol do verán entra polas fiestras pechadas. Ese dexeso de que cheguen as vacacións, máis este ano, xa nada se mantén, todo mudou... A habitación baleira aínda ten o seu aroma, as queixas, os silenzos... Agora xa non impide facer plans, pero a súa ausencia tampouco o permite... Marchou coma un paxariño, cun pequeno chío de despedida. A dependenza voltouse liberdade con pesar, miro polo cristal, obsérvote concentrada, levantas a cabeza, mírasme con pregunta muda, eu sorrío e digo... xa é verán, onde imos, Lala?
Compartir: