Cando escribirán “liberdade”?
Zahra, 16, Santiago de Compostela
Zahra soña esperta, ata que nota o tirón do fío e volta ás súas labores. Seu pai atouna ao nacer cun longo fío a un bolígrafo. Dende entón, el escribe e a Zahra só lle queda obedecer.
Un día escribiu “boda”, e o fío, tirante, conduciuna ao altar. O pai soltou o boli por primeira vez para entregarllo ao xenro; pero Zahra abalanzouse, arrincoullo da man e fuxiu correndo ata o mar.
Deitada sobre a area, busca inspiración nas estrelas para escribir a súa propia novela.