CAST / GAL

A ESPERA DUN CANCIÑO
ASEI, 70, Moaña Pontevedra

Non sabia moi ben donde estaba...
O coche parou. Baixei correndo apretábame facer pis. Metinme nunha árboreda, ata que quedei a gusto non volvin, Para miña sorpresa o coche xa non estaba.
Era unha gasoliñeira descoñecida . Meu dono, Quico, estaría como loco buscándome, non coñecía o sitio.
Entrei, sentía fame, pero o dono votoume fora ameazándome con darme unha patada. Escollín sentar nun rincuncho afora e esperar.
Paseniñamente chegou o sono.
Pasou un dia. Unha noite, outro día e outro...
Ata que un día parou un coche. Baixa un neno: miroume, mireino...
Ese día mudou para sempre miña vida
Compartir: