Laberinto encantado
Lenda, 20, A Coruña
Nunha mañá soleada, Clarke, unha nena curiosa e amante da criminoloxía, marchou cun grupo de teatro a unha antiga casa nos arredores da cidade. Alí, un labirinto no xardín chamoulle poderosamente a atención. Corría unha lenda arrepiante: unha familia vivira alí, e os seus fillos desapareceran tras desobedecer e entrar no labirinto. Alí atoparon un xardineiro sinistro e, tras perderse, foron vítimas dun episodio brutal protagonizado polos propios pais. Desde entón, dise que as almas dos nenos seguen vagando polo lugar. Clarke, intrigada, decidiu descubrir a verdade detrás daquela historia.