O combate
Inés, 27, Santiago de Compostela
Co amencer comezaron os berros, as explosións non paraban, o chan chegaba a tambalearse. Había golpes, máis golpes e con cada un deles no ceo aparecían puntiños que brillaban. Soldados corrían coas suas pistolas buscando un lugar onde refuxiarse, imposible, porque era o maior caos que a maioría dos presentes vivíramos. Entre toda esta anarquía apareceu un ancián cunha caixa, rezabamos para que o que viña dentro conseguise calmar o ambiente. Dentro estaba o pastel de aniversario que conseguiu que estes pequenos soldados firmasen unha tregua a guerra máis tenra, o séptimo cumpleanos de Xaime.