CAST / GAL

Amor de nai
Carlota, 16, Perillo

—Metiches todo na maleta?
—Si, mamá.
A nai revisou a maleta unha última vez e meteu nela, ás agochadas, unha tableta de chocolate, tal e como facía sempre que ía de excursión.
Antes de marchar, a filla deulle unha forte aperta.
—Cando volves?
—Non o sei, mamá. Xa non vivo aquí.
A porta pechouse e a nai decatouse de que a súa nena, a quen aínda lle peiteaba o cabelo, tiña agora o seu propio fogar.
Compartir: