O camiño verde que leva a casa
Maria Alicia, 56, Cambre
Pasara tanto tempo como luz lle quede o meu ollar para que procure de novo o cheiro daquela terra, pisada polas zocas en tempos de solpor, mollada pola chuvia no longo inverno galego. Pecharei a cancela dun soño estourado porque o tempo esmorece á fin.
Marcharon, o resío, os fiunchos, o lume da lareira, as tardes de mistura, partiron por sempre, fixémonos tan grandes que nen deu tempo de recoller aquelas gargalladas sembradas a cotío nunha casa xigante, por tempos fomos tantos.
Morreu porque tocaba.
Aquel camiño verde que leva a casa.