CAST / GAL

Embarque
Alberto, 34, Nigrán

Mudar de traballo, de país, de rutinas, de vida. A vertixe de deixalo todo por unha persoa, de derrubar unha vida estable e cómoda pola perspectiva incerta dun amor. A certas idades, cando un perdeu xa a impulsividade propia da xuventude, o mellor motor de cambio é o pánico ao paso acelerado do tempo, co medo de atravesar unha existencia baleira e compracente coas expectativas alleas.

E así, entre a vertixe e o pánico, entre a ilusión e a incerteza, atravesaba a terminal, pensando en que, ás veces, un ten que aprender a construír tamén sobre emocións como esas.
Compartir: