Hola Amor
Beatriz, 44, A Coruña
Querido Amor:
Perdóame.
Durante todos estes anos, só me pediches unha cousa, e falleite.
Cando éramos nenos, nese hórreo ao que escapábamos sempre para poder estar xuntos, lembro o día en que, mirándome aos ollos, me pediches que nunca cambiase.
Síntoo, meu amor, pero as engurras da miña cara, a celulite do meu corpo e eses despistes ocasionais que teño fan que incumprise a miña promesa. Pero tamén che prometín que te amaría toda a miña vida, e esa promesa cumprireina ata despois da morte.