CAST / GAL

ALBERTE NON ELIXIU
JORGE GARCIA, 54, 36210 Vigo

Cando eramos cativos, meu amigo Alberte estudaba moi duro, como lle ensinara o mestre.
Mentres nós andabamos ás mozas, Berte, axudaba no negocio familiar e preparábase para ser avogado, coma sempre desexaran os seus pais.
Entrado en anos, traballaba arreo doce horas. Sendo un empregado exemplar para os seus xefes.
Para evitar rexoubas, apañaba tempo para ateder ós fillos e acompañar os derradeiros anos dos seus pais.
Hai dous días fun visitalo ó hospital:
-Meu amigo Jorge, ¿Pensas que ti elixes o teu destino? Ogallá tivera sido intelixente dabondo como para considerar outros camiños posibles.
Foi a sua despedida.
Compartir: