CAST / GAL

Chegar a tempo
Tamara, 24, Lugo

Mirei o reloxo e suspirei: sempre chegaba antes da hora, sempre era puntual... e hoxe, no meu primeiro día de traballo, o destino decidira xogar conmigo.

Corrín canto puiden, cheguei á parada e alí estaba, a miña mala sorte: perdera o autobús.

De súpeto, a cidade calou de golpe. Ese mesmo autobús que acababa de perder, fora arrasado por un camión.

Quedeime inmóbil durante uns instres, comprendendo que ás veces chegar tarde é a única maneira de chegar.
Compartir: