CAST / GAL

Non serei cinza
Juan Lago, 53, Vigo

Finalista

Non, non pode ser este o meu final. O lume ruxe ao meu redor coma unha sentencia xa escrita. Queren que caia, que sexa cinza e silencio, que desapareza como se nunca existira. Arríncanme a pel, dóeme cada fibra, e o aire arde dentro de min. Mais négome. Non acepto o destino que me impoñen. Sigo erguido, mesmo cando todo me empurra cara abaixo. Expulsarei a casca morta, e cando a chuvia regrese, eu tamén regresarei. Non nacín para obedecer ás lapas. O destino pode queimar o meu corpo, pero nunca a miña vontade.
Compartir: