CAST / GAL

Feroz
Xabi, 59, Cangas

Non estás só nisto, mírame, somos igual de inofensivos, os mesmos dentes, as orellas, este vello ridículo... Iso lle dixera a psicóloga da Asociación.
Conviña deixar de pensar nas burlas, os enxertos, os fracasos; tamén abandonar os grupos de autoaxuda.
Estaba decidido, ser humano tiña vantaxes, podería andar no medio da xente sen levantar sospeitas; exploraría a luz do día, converteríase nun lobo con pel de año.
Parou diante do espello antes de saír, comezaba xaneiro e non había nada que ocultar; só disimularía o brillo dos caninos.
Quen sabe, puidera que ata chegase a ser o máis feroz.
Compartir: