CAST / GAL

Sorrir outro día.
Dámaso, 44, O Porriño

Nas pedras mais negras do peirao a vella máis seria borboriña preces ó día. Pide para os netos coma pediu para o fillos, pide como quen ben sabe que todo non volve. O vento non move area que a faga pestanexar. O peirao aléntalle con cada onda entre néboas seguras e lendas que non precisan ser certas. A luz do día inunda a noite que morre coma sempre. Namentres, ela segue seria e inmóvil ata que aquela mancha vermella que procuraba dende a primeira luz se convirte nunha lancha que lle deixa encher os pulmons e volver sorrir outro día.
Compartir: