Mudar de pel
Aarón, 40, Oural
A árbore da praza levaba anos sen dar froito. Os veciños dicían que estaba vella, que xa non tiña nada que ofrecer.
Un inverno, unha tormenta partiu a súa póla máis grande. Quedou torta, ferida, case ridícula no medio da praza.
Na primavera seguinte, por primeira vez en moitos anos, floreceu.
As flores apareceron xusto onde a madeira se rompera.
Foi entón cando comprendín que hai cambios que non che quitan nada.
Hai cambios que che obrigan a medrar por sitios que nin sabías que existían.