Cinza
Chiclana, 36, Sarria
Gustáballe admirar ao seu amor azul, hipnotizado polas ondas. O mar aplacaba todos os seus temores. O cubrecalugas do seu casco axitábase polo vento do nordés. A xefa da brigada berroulle, espertándoo do seu transo. Chegara o axente forestal coas últimas carrocetas. Convoi completo, marchaban cara un sur descoñecido. A emisora do todo terreo botaba fume. Tras dúas horas, descenderon polas voltas e reviravoltas da estrada que cruzaba o río Sil. Todo gris, non era néboa, non era néboa! Comeu unha mazá e deu o derradeiro sorbo de auga. Ollaba pola ventá, desexando non converterse en pó nesa noite.