Tódolos cambios son bos
María Leis, 42, A CAMPARA (CORES - PONTECESO)
- Tódolos cambios traen sempre algo bo—dicíalle súa avoa de cote.
Este chegou de forma inesperada e abrupta. As médicas, as probas, as decisións, os quirófanos, as enfermeiras, a ciruxía, a cicatriz, a dor, o tratamento, as pastillas, a análise de sangue, a báscula, os auxiliares, a radioterapia, a máquina, os pitidos. Tranquila, ti podes. Sé forte. Guerreira. Tocaranos a todos. En nada coma nova. Xa estás para outra. Isto é unha peste. O cansancio, a fatiga, as inxeccións, a menopausia precoz, o desánimo. Pastillas. Máis pastillas.
- ¿Todos avoa? Si, ruliña, todos.
Tería que seguir buscando.