A vida é cambio
Rosi, 31, Bastigueiro
Cambiei o nórdico pola colcha, o café polo descafeinado e a esperanza polo cinismo. Fíxenme maior sen decatarme. As miñas amigas comezaron a ter descendencia; a miña casa, humidades e os meus ósos, dores. Nunca pensara na morte como algo que me ía pasar a min. A morte era algo que lle chegara á miña avoa ou ao meu can Petís. Era algo irreal como o horizonte do mar, cara onde avanzas sen chegar a tocalo. A vida é navegar nunha barca na que vai entrando un auga que engurra os dedos e refresca as ideas. Seguirei remando.