Perdida
Lucía Moure, 24, Vigo
Din que cando chegas aos trinta tes a túa primeira crise, pero ninguén avisara das inquedanzas e desacougos que acontecen mentres estás na universidade.
Rematas o instituto e, semella, sabes o que queres ser. Comezas unha carreira que che apaixoa ou, cando menos, que non odias, e é aí cando comezas a pensar sobre o futuro. Realmente valo para iso? Poderei vivir do que estudei? É isto o que realmente quero?
Ese pensamento, ese maldito pensamento que todas as noites chega e fai que formules todas esas cuestións. Ficas sen saber que che depara o futuro. Perdida. Sen destino.