CAST / GAL

Camiño de Damasco
Suso, 53, Santiago de Compostela

Non foi nada en concreto, pensei logo, ningún comentario a destempo ou unha acción mal interpretada. A nosa conversa discorrera polos mesmos camiños trillados de tantas outras antes. Nin lembro exactamente do que falabamos: seguramente algo rutineiro como as notas dun fillo ou onde ir nas vacacións. E tampouco podo dicir que sentira unha xenreira acumulada de anos, ou que a idea me levara rondando na cabeza moito tempo. Simplemente foi ese momento de revelación no que eu fun o primeiro sorprendido de oírme dicir: “Creo que isto xa non funciona para min”.
Compartir: