Namorar nunca está de oferta
María Gamonal, 31, O Porriño
Botouse a man ao peto do mandilón buscando o tícket. No reverso podíase ler:
- Queixo
- Unto
- Espárragos
- Remolacha
- Olivas
- Tomate
- Espaguetes
De luns a sábado cruzaba a porta dese supermercado apurada por pronunciarlle outro saúdo inquedo. El, sentado no chan. Mirábanse. Un día calquera, alguén entrando chocou con ela, facendo rodar o tícket ata os pés do home. Ela, desorientada, proseguiu o seu curso.
Ao día seguinte o cartón dobrado á metade sobre o piso pregaba:
- Estar aquí
- Un teito
- Traballo
- Auga
- Mantas
- Esperar
- Nada máis