CAST / GAL

A bóla
Carla, 35, Salvaterra de Miño

Unha bóla vermella caeu. Rodou ata o seu pé descalzo. Logo outra. E outra.

Recuou. Pisou unha e o chan atopoulle as costas. As bólas multiplicáronse ata atrancar a porta. Quixo berrar, pero o aire non volveu.

Entón mutaron.

O plástico tornou en neve.
O vermello, sangue.
O cuarto, montaña.

Entre a neve xacía o seu corpo: beizos azuis, ollada perdida. Ergueu unha man cara ao ceo e viu o azul a través dela. Non sentiu frío nos pés descalzos. Non sentiu nada.

Volveu mirar a primeira bóla: seguía sendo vermella.

E aínda así, non quixo entender.
Compartir: